A lingua dos grifóns : Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil 2026

No continente de Anterga a natureza e as palabras están desaparecendo. A poeta Viri e o seu irmán Lauro medran nun orfanato onde a lingua antiga só serve para despedir os mortos. Un día reciben un convite misterioso e emprenden unha misión para salvar o mundo, desafiando a opresión que sofre o seu pobo. Entre profecías esquecidas, criaturas fantásticas, desertos de sal e selvas perigosas, Viri e Lauro descubrirán o poder da voz e da memoria. «A lingua dos grifóns» mergúllanos nunha distopía orixinal, rica en detalles culturais e lingüísticos. Velaquí unha aventura épica e vibrante, chea de maxia, amizade e resistencia, que dá un paso máis na fantasía xuvenil galega.

Sobre este libro