Ao ver por primeira vez a neve, a nena da nosa historia tenta probala. Pero hai un floco de neve que non se derrite na súa lingua…
Cos seus encantadores debuxos e a delicadeza da súa historia, este álbum ilustrado permítenos contar aos pequenos sobre a separación e a perda dun ser querido desde un punto de vista tenro e esperanzador.
Ás veces a neve pode traer amizades inesperadas… E ás veces a xente á que amas ten que irse… Non sempre é fácil, non sempre estamos preparados…