Neste libro analízase a evolución da diversidade LGBT ao longo da Idade Media, centrándose sobre todo en documentación galega e portuguesa, que ofrece información crucial nunha dimensión europea. Abórdanse nas súas páxinas diferentes relatos e retratos que quebran o que podiamos pensar sobre esa etapa: o matrimonio máis antigo entre homes de que conservamos documento na Península (entre Pedro Díaz e Munio Vandílaz, en 1061); o «amor» entre Sancha Pérez e Maria Leve na Compostela do século XIII; a existencia dun santoral LGBT arraigado na Galiza medieval (con figuras como Paio e Adaúlfo, e tamén co «santo atrevimento» trans de Esmerado ou Uxío); varios casos de modificacións de manuscritos para que non se vise neles textos gays ou lésbicos (por exemplo, unha cantiga de amiga entre dúas mulleres); o momento en que o cristianismo empurra un novo pecado sexual, inexistente nos seus mil primeiros anos de historia; o uso da homofobia como arma política por parte de Afonso o Sabio contra o casal que formaban o adiantado maior do reino de Galiza e o adiantado maior do reino de León... Estas, e moitas máis, son vidas e historias que aínda hoxe nos apelan, que aínda hoxe nos explican.
Empieza hoy con este libro por 0 €
- Disfruta de acceso completo a todos los libros de la app durante el periodo de prueba
- Sin compromiso, cancela cuando quieras
Autor/a:
Saga:
OBRAS DE REFERENCIA - ENSAIO E-bookIdioma:
Gallego
Formato:

Da Carapuchiña ao señor Lamote : Clásicos da literatura para a infancia e a mocidade en lingua galega

Xela Arias. Os territorios da liberdade

Maternidade fóra de catálogo

Todos somos Ulises : Por unha educación democrática e humanista

Tecermos redes, crearmos comunidade : Estudos sobre a obra de María Reimóndez

A alternativa está aquí

Elisa e Marcela : Amigas e amantes

Despoxos e vísceras ilustres

Doces e lambetadas. Receitas con historia

Pedro Petouto : Traballos e cavilacións dun mestre subversivo

De pergamiños, follas voandeiras e libros ao .gal : Breve historia da literatura galega

As peregrinacións a Compostela : Mito, historia e falsidades


