Sobre este libro

Ledicia Costas mergúllase nunha viaxe íntima pola memoria, a identidade e as emocións para construír un universo propio cheo de simbolismo onde o xardín de inverno funciona como refuxio fronte á dor, á perda e á mala sorte herdada. A morte, o paso do tempo e a ausencia convértense en temas centrais, mais o poemario deixa tamén espazo para a esperanza, a fantasía e a reconstrución do eu a través da palabra e da imaxinación. «Xardín de inverno» é, pois, un exercicio de lembranza e de resistencia, un canto á importancia das raíces, das mulleres e da capacidade de soñar para sobrevivir aos invernos da vida. Publicado por primeira vez en 2012, esta edición na colección Fóra de xogo inclúe, ademais do poemario íntegro, un limiar de Lucía Aldao e outros poemas que a autora escribiu por aquela época.

Empieza este libro hoy por 0 €

  • Disfruta de acceso completo a todos los libros de la app durante el periodo de prueba
  • Sin compromiso, cancela cuando quieras
Pruébalo gratis ahora
Más de 52 000 clientes han dado a Nextory 5 estrellas en la App Store y Google Play.