Súbditos ou cidadáns? : Reflexións ante a involución democrática e a lóxica dos poderosos

Nocións como comunidade, liberdade, dereitos, cidadanía, pobo ou estado semellan ecos do pasado e sucumben ao imperio do control cibernético e á acumulación de poder do capital financeiro. Quen ten os datos ten o poder. Nós agasallámolos sen control a través das nosas redes sociais, asegura a profesora e pensadora Carme Adán no limiar deste necesario libro de Henrique del Bosque. Sen dúbida, estamos fronte a novas formas de poder, dentro dunha crise do modelo de civilización, así que o século XXI obríganos a pactos para configurar a vida en común. O autor de "Súbditos ou cidadáns?" vai diseccionando, coa capacidade analítica de quen participou e militou nos movementos sociais e políticos, as cuestións que nos levaron a construír os estados modernos e as razóns, que desde hai xa varias décadas, levan á súa demolición. A lóxica da posverdade está caracterizada pola indiferenza aos feitos, o desprezo polos conceptos ou o esquecemento da Historia. "Súbditos ou cidadáns?" aborda a crise actual e o saqueo que implica, proporcionando ferramentas para entender o presente e para pensar e elaborar alternativas. O que nos propón este libro, asegura Carme Adán, é indagar onde está o espazo do común. Anímense ao reto de pensar: súbditos ou cidadáns. A decisión é nosa. Elixan vostedes.

Empieza hoy con este libro por 0 €

  • Disfruta de acceso completo a todos los libros de la app durante el periodo de prueba
  • Sin compromiso, cancela cuando quieras
Pruébalo gratis ahora
Más de 52 000 clientes han dado a Nextory 5 estrellas en la App Store y Google Play.


Categorías relacionadas