A historia que quero contar comezou non hai moito e miña irmá e mais eu estamos superpreocupadas. Non sabemos se deberiamos dicirlles todo a mamá e a Ricardo Eliécer Neftalí ou se primeiro temos que conseguir probas irrefutables, que se di así. «Irrefutables» son as probas que serven para demostrar que papá nos está a ocultar que ten unha moza secreta. Velaquí unha historia intrigante, inquietante e atrevida ou, quizais, abraiante, estimulante e divertida...

























