«Simón xoga coa súa pelota».
A Simón regaláronlle un balón e comeza a xogar con el. Mais, entre bote e bote, o balón sae rodando. Onde está?
Timoteo, Tomasa e Valentiño tentarán arranxar este sarillo.
Unha fantástica colaboración entre Gracia Iglesias e Sara Sánchez coa que a cativada non parará de rir.


















