Sobre este libro

Século XV.

É a fin dunha era.

Europa arde, inmersa en guerras fratricidas. Unha sombra fría esténdese sobre o continente, alimentada polo fanatismo e a barbarie. Lumes, torturas e autos de fe sementan odio entre os que un día viviron coma irmáns. Ademais, o avance do imperio otomán ameaza o corazón mesmo da cristiandade, bloqueando o subministro dos bens máis prezados. Todos os vieiros semellan cortados.

Unha civilización enteira cambalea, e só un milagre podería salvala. Non hai ninguén que poida atopar unha saída, porque ás veces a verdade só está ao alcance dos elixidos. Daqueles que, sobre ombros de xigantes, poden ver o que hai alén do horizonte. De facer que o imposible sexa realidade.

Este é o tempo que lle tocou vivir a Pedro, un bastardo nado nos confíns do Finis Terrae. Un meniño que medra na aldea de Portosanto, esquecido por todos e alleo ao transcendental destino que lle foi reservado.

Estender luz sobre as tebras.

Cambiar o mundo para sempre.

Empieza este libro hoy por 0 €

  • Disfruta de acceso completo a todos los libros de la app durante el periodo de prueba
  • Sin compromiso, cancela cuando quieras
Pruébalo gratis ahora
Más de 52 000 clientes han dado a Nextory 5 estrellas en la App Store y Google Play.